1 de xullo de 2012

CONCURSO DESEÑO DE CAMISETAS CO XADREZ COMO MOTIVO

CONCURSO DESEÑO DE CAMISETAS CO XADREZ COMO MOTIVO

Queremos que os membros e simpatizantes de AGAX teñan unha camiseta cun debuxo especial, así que AGAX convídavos a participar neste primeiro Concurso de Deseño de Camisetas, co tema do xadrez.

Ten en conta que o deseño da camiseta será só no frontal, polo que só tes que enviarnos a parte dianteira. O noso logo podes polo como mellor gostes, non hai restricións sobre isto. Só pedímos que non o maltrates. Tamén nalgún lado debe aparecer a nosa web www.agax.org 

Podes enviar todas as propostas que queiras, pero que sexan en baixa resolución en formato jpg.
Se finalmente es seleccionado como o gañador do concurso porémonos en contacto contigo para que nos envíes a túa idea en maior calidade.

A dirección de correo onde tes que enviar os teus deseños é a:

correo@agax.org

Manda o nome e un xeito de contacto. Tenta non evitar mails con moito peso, por favor. Os deseños recibidos serán postos nas nosas páxinas, para que a xente opine.

Seleccionaremos un dos deseños, o cal será utilizado nunha tirada de camisetas que esperamos ter listas este mesmo verán. Para elixir o deseño guiarémonos pola opinión dos socios da entidade.

Podes utilizar as cores que queiras, pero como consello quizais sexa mellor que uses poucos degradados, mellor tintas planas e lembra que ás veces os deseños con menos tintas obteñen mellor aparencia.

Os dereitos do deseño pertencentes ao autor, serán cedidos á Asociación Galega de Axedrecistas, para esta tirada de camisetas, que en principio non será de máis de 100.

O premio

Coa crise non temos para dar un premio en metálico. Se o teu deseño resulta elixido, ofrecémosche:

- Unha camiseta de cada talla realizada que se faga co teu deseño.
- O trece libros que compoñen a Colección de Libros de Peto de ASENCUDEGA
- Un xogo de xadrez de cristal
- Outro material promocional de AGAX (camisetas e chaveiros)
- E obviamente, o noso agradecemento.

Prazo de entrega: 31 de xullo de 2012.

Ningún comentario: