A pasada edición deste Torneo tivo lugar no Playa Club, que nesta ocasión non pode acoller o evento (ainda que agardamos facer algo nos vindeiros meses) e así decicimos ir ao MUNCYT, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía que nos deixará as súas instalacións e permitirá que entre partida e partida os xogadores coñezan este recinto.
Como na primeira edición temos previstas catro categorías; sub8, sub10, sub12 e sub14.
A xente disputará as partidas pola mañán e pola tarde, sendo a primeira rolda ás 11,30 e a entrega de premios ás 18,30.
Temos unha cota de tres euros, e todos os participantes recibirán unha medalla e un libro pola súa participación nesta proba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario