14 de marzo de 2020

PASANDO ESTES DIAS CO XADREZ

Imos tentar que esta corentena sexa máis levadía para todos cunha serie de propostas que vos propomos.

No voso móbil ou tableta aconsellámosvos instalar as aplicacións de lichess.org e de chess.com.

Ademais tamén botar unha ollada ás apps de Chess King, que van desde o máis básico a un nivel bastante elevado. En calquera destas aplicacións non é necesario facer pagos. Nas de Chess King hai pausas publicitarias cada 10 exercicios, pero tamén podeis desconectar o movil ou a tablet de internet e evitarvos este problema.

Instaladas estas aplicacións animámosvos a que se teneis facebook sigais o perfil da nosa escola (https://www.facebook.com/incude/).
Se teneis twitter sigais a conta @xadrecistas, o mesmo nome en instagram.
Imos tentar estes días facelas máis activas e que axuden a que pasen máis rápido.

Que faremos en cada unha delas?

Chess.com sérvenos para xogar e na conta gratuíta permítenos unha lección ao día. É bo facela, pero tamén queremos que tentes o quebracabezas Rush, resolución de problemas en 5 minutos.
O primeiro día deixarache facer varias probas.
Téntao todos os días.
Pero ademais clica ao noso club aberto:
https://www.chess.com/club/incude-cidu-abertos

Lichess.org. Hai unhas leccións moi interesantes que che axudarán a pasar estes días, ademais de poder xogar nun espazo que utilizan moitos dos nosos coñecidos, entre outros o O meu Wilson Pañencia, colaborador de AGAX.

Chess King. Dependerá do teu nivel, pero entre todas as súas aplicacións podes empezar por dúas aplicacións básicas; mates en 1 e finais básicos. Antes de inicar o test, lembra marcar a casa mesturar, para evitar que todos os problemas semellantes vaian xuntos. Se resúltanche sinxelos pasa á aplicación seguinte de mates en 2 e finais 2.

Que imos facer todos con elas?

Temos varias ideas; pero de entrada imos disputar torneos en chess.com a diferentes ritmos. Os de rápidas todos os días varios.

Queres estar informado? usa as nosas redes sociais e tamén este espazo web, que imos revivir entre AGAX e INCUDE/CIDU:

www.xogandocoxadrez.eu

Onde iremos publicando diferentes iniciativas, incluíndo concurso de relatos breves e de debuxos baseados no xadrez.

Empezamos Xa.

Ningún comentario: