6 de abril de 2020

RESULTADOS FIN SEMANA E TORNEOS DIA 6

Foi un intenso fin de semana, no que os interesados mesmo poideron disputar un torneo por equipos con algún dos mellores xadrecistas do mundo.

En canto aos Torneos, non se celebrou un dos previstos, polo que baixamos os requerimentos para ser o mellor do fin de semana a 5 torneos. O vencedor, grazas ás súas actuacións nos Torneos da Sesta, foi o benxamin Rubentro, a quen cando as circunstancias o permitan lle daremos o trofeo desta Xornada Lúdica Imbolc.

Aceptamos suxerencias para fines de semana de abril, sabendo que polo menos temos tres mais por diante en corentena.

Tras os diferentes torneos os circuitos están así:


E para hoxe Luns estes son os nosos tres torneos de sempre.

CIRCUITO TORNEOS FISCHERRANDOM (960) - 17,00 HORAS
Rubentro, vencedor en marzo está de novo á cabeza do circuito. ainda que ten un novo rival nestas probas, que logrou vencer nos dous últimos torneos. Que pasará hoxe?
Hoxe de novo torneo nesta ligazón PREME

CIRCUITO TORNEOS DO SERAN - 20,05 HORAS
Tras o parón do fin de semana jajaquemate deberá defender o seu liderato.
O de hoxe nesta ligazón PREME

CIRCUITO TORNEOS VAI DURMIR - 0,30 HORAS
franpedre e RoiandRoll seguen empatados. Veremos que pasa hoxe.
O de hoxe nesta ligazón PREME

Certame de Debuxo Xadrecistico - Mais info aqui: PREME
Certame de Contos - Mais info aqui:  PREME

Ningún comentario: