10 de abril de 2020

XORNADAS LUDICAS 10 AO 12 DE ABRIL

Nova fin de semana. Xornada Lúdica Aniversario de INCUDE.

Como xa explicaramos a semana anterior, como estes días andamos pechados e non podemos facer as actividades presenciais que tíñamos previstas, pero temos xa trofeos mercados e non parece que vaiamos a ter moito tempo para poñelos en xogo, Imos dar un trofeo ao mellor da Fin de Semana.

Como determinaremos quen vai levar o trofeo destas Xornadas Lúdicas Aniversario de INCUDE?

Pois ben oden sumar puntos todos os que xoguen durante estes tres días polo menos SEIS dos torneos propostos. Como imos valorar esta semana a cousa? A continuación de cada actividade proposta tes os puntos que podes sumar.

Sumarás por todas as actividades? Non. Colleremos as túas mellores seis actuacións, pero se hai empate o resto de actuacións serán o desempate. Entendido?

Aqui van as propostas:

VENRES 10 DE ABRIL

17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
--- Tantos puntos como sumes para o circuito, pero polo simple feito de participar tes mínimo 0,5
20,05. I Torneo XDM Bullet Online en Lichess. PREME
--- Sumarás como se fose un circuito diario. (Por participar terás mínimo 0,5 puntos)
00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME

--- Tantos puntos como sumes para o circuito, pero polo simple feito de participar tes mínimo 0,5

SABADO 11 DE ABRIL

17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
--- Tantos puntos como sumes para o circuito, pero polo simple feito de participar tes mínimo 0,5
18,00. Torneo TRES XAQUES. Se te dan 3 xaques tamén perdes en Chess.com. PREME
--- Sumarás como se fose un circuito diario. (Por participar terás mínimo 0,5 puntos)
19,00. Torneo EuQuedoNaCasa Cambre co Xadrez 9 en Lichess. PREME
--- Sumarás como se fose un circuito diario. (Por participar terás mínimo 0,5 puntos)
20,30. Torneo CLASH ROYALE. 
O Torneo chámase TORNEO ANIVERSARIO INCUDE
Entrade!
--- Sumarás como se fose un circuito diario de xadrez. (Por participar terás mínimo 0,5 puntos)
00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME
--- Tantos puntos como sumes para o circuito, pero polo simple feito de participar tes mínimo 0,5

DOMINGO 12 DE ABRIL

12,00. Torneo por equipos de Fontecarmoa. Fase clasificatoria. En lichess. Vai ao club e anotate.
--- 1 puntos por participar, 2 por estar entre os xogadores que conten na clasificación de clubes.
17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
--- Tantos puntos como sumes para o circuito, pero polo simple feito de participar tes mínimo 0,5
18,00. Torneo por equipos de Fontecarmoa. Fase final. En lichess. Vai ao club e anotate.
20,05. Torneo REI DO OUTEIRO en Chess.com. PREME
--- Sumarás como se fose un circuito diario. (Por participar terás mínimo 0,5 puntos)
00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME
--- Tantos puntos como sumes para o circuito, pero polo simple feito de participar tes mínimo 0,5

E que mais da puntos?

Participar cun relato ou debuxo enviado ao noso concurso este fin de semana. .

Certame de Debuxo Xadrecistico (un punto por participar estes días)Mais info aqui: PREME
Certame de Contos (DOUS puntos por participar estes días)Mais info aqui:  PREME

Ningún comentario: