5 de maio de 2021

SABADOS DE XADREZ NA CASA DAS CIENCIAS

Ata a chegada do confinamento e durante 24 anos, que se di pronto, o primeiro sábado de maio na nosa entidade habia unha data marcada. 

Se o primeiro sábado era festivo (como neste caso) ou ponte pasaba ao seguinte.

Era o popular Día da Ciencia na Rúa e na súa última edición de 2019 ninguén podería sospeitar o panorama actual.

Os Museos Científicos van facer este ano un día da ciencia adaptado á situación e nos tamén queremos lembrar esta actividade e o traballo que realizou todos estes anos Javier Novelle, socio de honra de AGAX, e que faleceu en agosto pasado.

Por iso os sábados do mes de maio, no espazo que ocupabamos normalmente no Día da Ciencia na Rúa (salvo nos primeiros anos que estivemos noutro emprezamento) convocamos aos interesados a participar en adestramentos tipo torneo nos soportais da Casa das Ciencias.

Sábados 8, 15, 22 e 29 de maio de 17,30 a 18,30.

1. Adestramento ao aire libre para un máximo de 12 persoas. Mínimo de 4 persoas.

2. O adestramento consistirá nun minitorneo suizo a 5 roldas cun ritmo de xogo de 5 minutos.

3. É obrigatorio estar federado.

4. A cota de cada día é de 2 euros.

5. Os participantes teñen que cubrir a folla de aceptación de riscos, dacordo co modelo da Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez e o protocolo aprobado por ambas.

6. Os participantes poderán escoller a cantos días asiten, non é obrigatorio ir os catro sábados. Realizaremos unha clasificación de circuito ao xeito tradicional de AGAX (contan os cinco primeiros). 

7. O cinco mellores clasificados do circuito levarán unha camisola e todos os participantes recibirán unha máscara hixiénica con motivos de xadrez. 

INSCRICION

Os anotados recibirán un correo de confirmación unha vez verificada a inscrición.

Ningún comentario: