Convén prestar atención, porque hai cousas bastante distintas.
VENRES ÁS 20,00
Unha vez rematado o Circuito de Primavera de INCUDE, non temos previsto moitas actividades nos venres. De feito hoxe teríamso que ter a última xornada do Universitario de Semirrápidas. Pero desenvolveuse con rapidez (rematou coa vitoria de Rodrigo Pena).
Aproveitamos para facer ás 20,30 o primeiro torneo da Asociación SEDA, que é unha entidade que ten varios anos e que por ser de ámbito nacional é a que empezamos a empregar para algunha actividade fora de Galicia.
O Torneo terá lugar a través do equipo de Lichess de SEDA.
Non berseker, non puntos extras por vitorias consecutivas.
Ritmo 3+2 durante 45 minutos
SÁBADO ÁS 17,00
Rematada tamén a Liga AGAX Sub12, este sábado temos o XXIX Torneo Lóstrego da UDC.
Aberto a todos os interesados.
Unha actividade que se engloba no peche de curso da Asociación estudantil Hercle. Podes inscribirte en www.hercle.org
(Se queres podes asistir a unha actividade de billar e mesmo de maxia).
DOMINGO DE 11,00 A 14,00
Sesión de mañán do Día do deporte na rúa na Coruña. Teremos varios taboleiros para botar unhas partidas nos xardíns de Méndez Núñez.
DOMINGO DE 16,00 A 18,00
Sesión de tarde do Día do deporte na rúa na Coruña. Temos dúas actividades a propoñer;
O Domingo Online habitual ás 17,00. Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. (Ven a xogalo alí e así xa xogas logo o seguinte presencial). www.deporcultura.eu
Amigable de rápidas ás 18,00. Torneo final do Día do Deporte. Suizo a 5 roldas.
CURSOS
No verán imos facer varios cursos.
Polo de agora temos previsto os de INCUDE; un de finais elementais (dende o 5 ao 9 de xullo) e outro de formación de monitores (do 12 ao 19 de xullo).
Polo de agora temos previsto os de INCUDE; un de finais elementais (dende o 5 ao 9 de xullo) e outro de formación de monitores (do 12 ao 19 de xullo).
FEDERARSE
Ningún comentario:
Publicar un comentario