26 de maio de 2022

O extraño caso do Rei Negro de Curtis

A habitación da súa vila de Brighton estaba, como de costume, desordenada e repleta de produtos químicos e de recordos de distintos casos. Sherlock comera unha hora antes e sentado na súa butaca preferida miraba pola xanela mentres acariñaba a súa pipa. 

Pensaba en como cos anos os seus costumes cambiaran; antes durmía moi poucas horas pero agora, desde o seu famoso caso "o escocés do balcón" que lle levou a Mallorca, acotumbrarase a ese bárbaro costume de durmir a sesta. Doutra banda o Dr. Watson lográra convencelo, tras anos de inistencia, de que deixase o tabaco. Agora pesaba vinte quilos máis e as pipas só usábaas para acariñalas mentres pensaba.

Á calor da cheminea e mirando a paisaxe quedou durmido.

Espertou sobresaltado. Estaba a soar o teléfono.

- Oh, ah, Si, quen é? -balbuceou ao responder a chamada.

- Señor Holmes -gritaron desde o outro lado- o Rei desapareceu! 

- A Raíña? -preguntou mentres tentaba aclarar os seus pensamentos.

- Non. O Rei... O Rei negro de Curtis. Ten que vir inmediatamente.

E cortouse a chamada.

Holmes apresurou á esquina da sala onde tiña un antigo globo terráqueo e empezou a buscar Curtis entre as antigas colonias da súa Maxestade.

Como Sherlock segue en Inglaterra buscando, necesitaremos a axuda dos detectives locais para descubrir, polo menos, onde estaba o rei negro de Curtis antes de desaparecer.

----

Ven pola actividade deste finde e axudanos a ir completando o misterio.

Ningún comentario: