Preferimos celebrar o 1 de setembro porque é unha data mais redonda e porqué coincide coa nova tempada.
Estes días iremos incorporando as novidades para este curso 2022-2023 no que agardamos recuperar moitas das probas que os dous últimos anos quedaron paradas pola COVID.
Para estes primeiros días de setembro lembramos que o sábado 3 celébrase o Torneo Domingos Merino en Sada.
E na mesma localidade dende o domingo 4 ó domingo 11 celébrase o I Open Deputación.
As bases para incribirse están na FEGAXA (www.fegaxa.org).
Animádevos a participar pois hai poucas actividades deste nivel pola nosa contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario