O sábado día 22 terá lugar en Santiago unha nova competición para equipos sub 12 en taboleiro xigante. Esta actividade forma parte do Festival Xacobeo BICA PAWN que se celebra do 19 ao 22 na Cidade da Cultura de Santiago. A programación de todo este gran evento pódese ver na súa páxina web. PREME.
Polo que nos toca aos coruñeses irán dous equipos; un agrupando aos que nos escolares xogan como Xadrez das Mariñas e outra formado pola Escola de Xadrez Mirko. Os equipos estarán formados por entre catro e seis xogadores, aínda que pode haber acompañantes.
Lembrámos aos membros de Xadrez das Mariñas que leven a camiseta que se empregou nos torneos escolares (se non a tedes avisa ao monitor).
Os equipos estarán formados por alumnos de primaria de 6 a 12 anos.
Os equipos estarán formados por alumnos de primaria de 6 a 12 anos.
Tempo: os equipos disporán de 10 minutos máis 5 segundos por xogada para completar cada un dos xogos. Utilizaranse reloxos aprobados e se un equipo consume todo o seu tempo, perderá a partida.
Sistema de competición: o sistema de xogo será o modo Playoff con roldas eliminatorias.
Os equipos dividiranse en grupos de 4, xogando uns contra outros unha partida.
Unha vez rematada a fase de liga, os equipos disputarán un desempate en función da súa posición no grupo, onde disputarán a súa posición final no torneo.

A organización resérvase o dereito de introducir variantes no sistema de competición en función do número de equipos inscritos
Puntuación: na fase de grupos outorgaranse 4 puntos por vitoria, 2 por empate e 1 punto por derrota.
Os sistemas de desempate serán na fase de grupos:
- Resultado directo entre os equipos empatados
- Maior número de vitorias
- 5 minutos de xogo rápido
Nos playoffs:

Horario:
16:00 - Primeira Quenda
16:40 - Segunda Quenda
17:20 - Terceira Quenda
18:00 - Desempate
18:40 - Fase final
19:30 - Entrega de premios
16:40 - Segunda Quenda
17:20 - Terceira Quenda
18:00 - Desempate
18:40 - Fase final
19:30 - Entrega de premios
Traslado:
Poñeremos un autobús que sairá ás 14:30 horas do Centro Universitario de Riazor.
O autobús pasará logo polo Temple (aprox. 15 minutos despois e dende alí a Santiago)
Necesitaremos un mínimo de 15 viaxeiros.
Necesitaremos un mínimo de 15 viaxeiros.
Custo: 10 euros.
En caso de chegar a 30 viaxeiros (polos acompañantes) ou custo sería de 5 euros.
En caso de chegar a 30 viaxeiros (polos acompañantes) ou custo sería de 5 euros.
(Actualización do mércores 19; temos case os 30).
Ningún comentario:
Publicar un comentario