10 de marzo de 2023

2ª Fin de semana de Marzo

Voltamos a intensas fins de semana de xadrez.

Para os que queiran actividades temos:

VENRES 10

Ás 18,00 comezan as partidas do programa Xogade da Xunta para A Coruña. Será no Pavillón de Elviña na Avenida Glasgow. Xa hai anos que ningún dos nosos equipos competía na Coruña, xa que se prefería ir a Cambre pero este ano o CIDU presenta equipos en categorías alevín e benxamín.

De 19,30 a 21,30 está aberta a sala de xadrez do Centro Universitario de Riazor, para a comunidade universitaria e xogadores do CIDU.

SABADO 11

Terceira rolda da Liga Galega de Xadrez. O calendario dos clubs mais implicados coa nosa actividade é o seguinte:

ESCOLA XADREZ SIGRÁS - EFX CAPABLANCA
GRUPO BAZÁN - Xadrez Das Mariñas 
E.L.X. ABSOLUTO - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
Xadrez Das Mariñas - CLUB XADREZ SMYSLOV SADA
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC
CLUB DE AJEDREZ MACONDO - CIDU ESCOLA INCUDE
CLUB XADREZ ARTEIXO - CIDU CALASANZ - ROSALES
CXB PORTO DE PAULA - AVV O GAITEIRO - SIGRAS
SPORTING CLUB CASINO - MIRKO 
XDM  - ESCOLA XADREZ CULLEREDO

Nesta terceira rolda por fin o Sporting Club Casino xoga na casa.

DOMINGO 12

Ás 10,00 comezan as partidas do programa Xogade da Xunta para Cambre. Será no Pavillón Sofía Toro, detrás da Casa do Concello. Dende hai anos apoiamos a xuntanza dos nosos clubs nun só equipo para competir como Xadrez das Mariñas.

Moita actividade que agardamos disfritedes.

Ningún comentario: