16 de xuño de 2023

3ª Fin de semana de xuño

Estamos a día 16 e tal día coma hoxe de hai 34 anos tiña lugar a fundación da Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX). Pero dende o principio normalmente celebramos o noso aniversario o día 1 de setembro, día que foi aprobada oficialmente no rexistro do Ministerio do Interior e que parécenos mais práctico para iniciar a temporada.

Estas son as actividades que teremos estes días:

VENRES 16

20,30 - 21,30 TORNEO NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR.
Na categoría senior aberto a membros da Comunidade Universitaria e xogadores do CIDU e aberto aos rapaces nados en 2009 ou seguintes (haberá trofeo para os tres mellores destes últimos).

SÁBADO 17 DE XUÑO

17,00: Un equipo do Colexio Calasanz competirá en Vigo no Torneo de Colexios organizado no Centro Comercial Vialia.

17,00: Ten lugar a Liga de Xadrez das Mariñas.

DOMINGO 18 DE XUÑO

11,00: Día do Deporte na Rúa. Un ano mais AGAX é a entidade referencia do xadrez coruñés e nesta ocasión mudamos de lugar. Estaremos na Praza de Portugal. Como xa publicamos de 12,00 a 14,00 realizaremos un Torneo amigable.

E para os previsores imos informando de datas:

En breve publicaranse máis accións no verán, e o vindeiro luns 19 teremos bastantes novidades, xa que estamos pendentes dunha xuntanza ás 17,30. Algunhas datas que parecen xa confirmadas:

Do luns 26 ao venres 30 de xuño de 11,00 a 14,00 horas.
Semana de xadrez de Palaestra nos Rosales. Curso de xadrez co temario nivel 1 de AGAX.

1 xullo: Asalto ao Castelo de Vimianzo
17 ao 21 de xullo: Semana de xadrez para rapaces en Riazor.
29 de xullo: Tarde de xadrez no Pazo de Tor

13 de agosto: Torneo de Betanzos
19 de agosto: Torneos de Cambre

Semana do 4 de setembro: Copa González March

Ningún comentario: