1 de marzo de 2024

Primeira fin de semana de marzo

Hoxe 1 de marzo é o Día de San Rosendo, que debería ser o patrón do xadrez galego (se non sabes porqué vai correndo a ver o que é o xadrez de San Rosendo).

Aqui tedes o que temos estes días:

Venres:
CIRCUITO DE INVERNO
Só para universitarios da UDC e membros do CIDU.
No CUR segundo torneo deste circuito ás 20,30 horas.

Sábado: 
LIGA GALEGA DE XADREZ
Horario: 17,00 en adiante.

Luns:
INICIA TORNEO ONLINE DE LENTAS DA UDC
Só para comunidade da UDC e ex-alumnos.

Martes: 
TORNEO DE LENTAS
Horario: 19,00 en adiante.
Na sala de xadrez do Centro Comercial Los Rosales, Palaestra inicia un novo torneo de partidas lentas disputándose unha partida cada semana.
Mais info en: www.palaestra.eu

Xoves:
ADESTRAMENTO ONLINE DA LIGA
Para todos os interesados e de balde.
Marcos Martínez, xogador de ampla traxectoria en clubs coruñeses realizará unha clase ás 19,00.
As clases tamén iranse anunciando en www.agax.net

Ningún comentario: