29 de xuño de 2024

Día do deporte na rúa

Este domingo temos o Día do Deporte na Rúa.
Este ano de volta á zona na que estivemos en anos anteriores a 2023; no paseo de Riazor, baixo as Esclavas.

SÁBADO 29. TORNEO XXXII UNIVERSITARIO LOSTREGO - ODEÓN (NARON).
Por terceiro ano o CIDU leva o seu torneo universitario lóstrego ao Centro Comercial Odeón, no Campus de Ferrol. Será un torneo aberto valedeiro para ELO Blitz.

DOMINGO 30. DIA DO DEPORTE NA CORUÑA. 
Pola mañá teremos o Día do Deporte, con taboleiro xigante e torneo amigable.
Xa sabedes de outros anos; práctica libre, xadrez xigante e un pequeno torneíño.

DO LUNS 1 AO VENRES 5 DE XULLO. TORNEO NO CASINO. COPA GONZALEZ MARCH
A Copa González March este ano pasa a ser en xullo, de luns a venres. Torneo valedeiro para ELO Standard
Info en: www.palaestra.eu 

SÁBADO 6. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO.
A tradicional actividade de INCUDE na xornada do Asalto ao Castelo complétase este ano coa celebración dun dos torneos aniversario do CIDU, valedeiro para ELO Blitz.
Pero o mellor é pasar alí o día, nunha xornada con moita actividade lembrando a loita dos Irmandiños contra os Moscoso. 

DOMINGO 7. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO ONLINE.
Torneo en Lichess no noso grupo "Agax aberto"

MARTES 9. XADREZ NO FARO DE OZA
Unha nova actividade da nosa entidade. Publicaremos as bases estes días, dunha xornada distinta de xadrez e praia .

SÁBADO 13. TORNEO ANIVERSARIO EN CARIÑO.
Unha nova actividade do CIDU levando un dos seus torneos a Cariñoa.
Proba con trofeos para as distintas categorías e medallas para todos.

Ningún comentario: