30 de xuño de 2024

Día do Deporte

Na actividade do Día do Deporte na Rúa realizamos ademais das partidas libres en mesas e taboleiro xigante un pequeno torneo amigable no que resultou vencedor David Pérez.

Lembramos algunhas das vindeiras actividades:

DO LUNS 1 AO VENRES 5 DE XULLO. TORNEO NO CASINO. COPA GONZALEZ MARCH
A Copa González March este ano pasa a ser en xullo, de luns a venres. Torneo valedeiro para ELO Standard
Info en: www.palaestra.eu 

SÁBADO 6. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO.
A tradicional actividade de INCUDE na xornada do Asalto ao Castelo complétase este ano coa celebración dun dos torneos aniversario do CIDU, valedeiro para ELO Blitz.
Pero o mellor é pasar alí o día, nunha xornada con moita actividade lembrando a loita dos Irmandiños contra os Moscoso. 

DOMINGO 7. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO ONLINE.
Torneo en Lichess no noso grupo "Agax aberto"

MARTES 9. XADREZ NO FARO DE OZA
Unha nova actividade da nosa entidade. Publicaremos as bases estes días, dunha xornada distinta de xadrez e praia .

SÁBADO 13. TORNEO ANIVERSARIO EN CARIÑO.
Unha nova actividade do CIDU levando un dos seus torneos a Cariñoa.
Proba con trofeos para as distintas categorías e medallas para todos.

Ningún comentario: