21 de xuño de 2024

Empeza o verán!

Hoxe 21 empeza o verán e aqui temos algunhas das actividades que imos recomendar para as próximas dúas semanas:

XUÑO

DIA 21. TORNEO MERINO - LUDO LOSTREGO EN ROSALES
Hoxe mesmo o Torneo Ludo Lóstrego chega a súa 19ª edición e faino lembrando a Domingos Merino, no que pretende ser unha cita anual cada ano o 21 de xuño. Torneo valedeiro para ELO Blitz.

DIA 22. TORNEO ESCOLAR CONCELLO DE CARBALLO
O sábado celébrase un dos torneos do Circuito Promoción da FEGAXA na zona norte. O de Carballo acollerá seguramente a moitos xadrecistas que non queren facer tantos quilómetros para xogar os dos sur.

DIA 22. ASEMBLEA DA FEDERACION GALEGA
Se tedes algunha proposta ou suxerencia aproveitade para falar cos vosos directivos e monitores xa que se celebra a asemblea anual da Fegaxa.

DO 25 AO 28. SEMANA XADREZ ROSALES. TORNEO FOGUEIRAS DE SAN PEDRO.
Durante as tardes destes días realizaranse distintas actividades de xadrez no Centro Comercial Los Rosales. Actividades distintas os catro días con partidas libres, torneos e outros xogos.
Info en: www.palaestra.eu 

DIA 29. TORNEO XXXII UNIVERSITARIO LOSTREGO - ODEÓN (NARON).
Por terceiro ano o CIDU leva o seu torneo universitario lóstrego ao Centro Comercial Odeón, no Campus de Ferrol. Será un torneo aberto valedeiro para ELO Blitz.

DIA 30. DIA DO DEPORTE NA CORUÑA. 
Pola mañá teremos o Día do Deporte, con taboleiro xigante e torneo amigable.
En canto teñamos o plano de situación e demais publicaremos a información do día.

DIA 30. TORNEO COLEXIOS EN VIALIA (VIGO)
Pola tarde os colexios que reunan equipo poden participar no torneo de Vialia en Vigo (o ano pasado o Calasanz quedou primeiro aqui e terceiro na fase final en Alcalá).

XULLO

DO 1 A 5. TORNEO CASINO. COPA GONZALEZ MARCH
A Copa González March este ano pasa a ser en xullo, de luns a venres. Torneo valedeiro para ELO Standard
Info en: www.palaestra.eu 

DÍA 6. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO.
A tradicional actividade de INCUDE na xornada do Asalto ao Castelo complétase este ano coa celebración dun dos torneos aniversario do CIDU, valedeiro para ELO Blitz.

Ningún comentario: