9 de xullo de 2024

Hoxe xadrez no Faro de Oza

Hoxe tíñamos pensado un día de xadrez no Faro de Oza, ao lado da praia, pero non parece que o tempo vaia acompañar e facer algo ao aire libre.

Ademais coincide o partido da selección española, así que este é o noso plan para hoxe.

Faro de Oza.

Espazo Teu do Concello da Coruña. Abriremos sobre as 12,00.

É un espazo onde nunca fixeramos actividades e imos ver que tal está para seguir solicitando esta instalación no futuro. Teremos taboleiros para botar unhas partidas e faremos un torneo sub 14 ás 17,00 e outro absoluto ás 19,00.

Animádevos a pasar por alí.

Ningún comentario: