31 de agosto de 2024

Iniciamos a nova tempada

Este domingo iniciamos a 2024-2025 e igoal non sabedes que hai 35 anos un 1 de setembro recibimos a confirmación da inscrición da nosa entidade, creada no mes de xuño anterior.

Como era unha data redonda, co inicio do curso, é o 1 de setembro a data que escollemos para celebrar o noso aniversario.

En xeral realizaríamos polo menos un torneo online, pero este ano celébrase nesta mesma data o Torneo de Rianxo, unha das mellores probas do calendario anual en Galicia.

Así que deixaremos o torneo online para más adiante, xa avisaremos estes días xunto coa renovación da condición de socio para todos os interesados.

E que facer estes días?

Día 1: Torneo de Rianxo

Do 2 ao 6: Torneo Aniversario INCUDE. Valedeiro para ELO Standard.

Día 7: Torneo XDM de Rápidas. (Haberá unha pequena clase de finais de 16,00 a 17,00 e torneo posterior).

E como todos os anos, xa sabedes que os últimos meses son os de mais actividades, así que atentos!

16 de agosto de 2024

Finais de Agosto

Na segunda quincena de agosto temos poucas cousas preparadas, pero setembro será un inicio de curso interesante con actividades todas as semanas.

Venres 16

Centro Comercial Los Rosales.

20.00 Torneo de partidas rápidas


Domingo 25

Parque de Santa Margarida

17,30 Tarde de xadrez (ver cartel)

9 de agosto de 2024

Actividades próximos días

Que actividades temos para os próximos días ou recomendamos?

DOMINGO 11.
En Betanzos celebran o seu torneo de San Roque.

LUNS 12 A MÉRCORES 14
No Centro Comercial Los Rosales hai un torneo de lentas.
Sen cotas, pero non valedeiro.
Trofeos por categorías de idade.
Mais info: www.palaestra.eu

XOVES 15
Torneo Online UDC Lóstrego
VENRES 16
No Centro Comercial Los Rosales torneo lóstrego.
Trofeos para o primeiro clasificado.
Mais info: www.palaestra.eu

E lembramos que o CIDU ten preparado un torneo valedeiro para ELO FIDE para os primeiros días de setembro: Torneo Aniversario de INCUDE