31 de agosto de 2024

Iniciamos a nova tempada

Este domingo iniciamos a 2024-2025 e igoal non sabedes que hai 35 anos un 1 de setembro recibimos a confirmación da inscrición da nosa entidade, creada no mes de xuño anterior.

Como era unha data redonda, co inicio do curso, é o 1 de setembro a data que escollemos para celebrar o noso aniversario.

En xeral realizaríamos polo menos un torneo online, pero este ano celébrase nesta mesma data o Torneo de Rianxo, unha das mellores probas do calendario anual en Galicia.

Así que deixaremos o torneo online para más adiante, xa avisaremos estes días xunto coa renovación da condición de socio para todos os interesados.

E que facer estes días?

Día 1: Torneo de Rianxo

Do 2 ao 6: Torneo Aniversario INCUDE. Valedeiro para ELO Standard.

Día 7: Torneo XDM de Rápidas. (Haberá unha pequena clase de finais de 16,00 a 17,00 e torneo posterior).

E como todos os anos, xa sabedes que os últimos meses son os de mais actividades, así que atentos!

Ningún comentario: