19 de setembro de 2024

Última finde de verán

Aínda que agardamos que siga o bo tempo chegamos ao remate deste verán e cada vez son mais os centros e clubes que recuperan a súa actividade tradicional. Aínda que en moitos lugares será no mes de outubro.

Que temos estes días? O Torneo de Narón pecha nunhas horas a inscrición.

Venres 20: 
TORNEO BENVIDA UDC
Só para a comunidade universitaria da UDC e socios do CIDU.
Centro Comercial Los Rosales, 20,30 horas.
Gratuío. Trofeo para o vencedor.

Sábado 21:
TORNEO DE PROMOCION EN NARÓN
Todo o día.. Torneo do Circuito Galego Promoción.
Para xadrecistas de 14 anos ou menos.

Domingo 22:
COPA ONLINE DO ANIVERSARIO
Para todos os interesados ás 20,00.
Mais info en: www.agax.net

Mais cousas:

Como todos os anos nestes últimos meses imos ter moitísima actividade.
Practicamente cada fin de semana haberá torneo, así que a prepararse para o que ven.

E para os interesados nas clases:

Palaestra empezou os seus Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales, unha actividade de balde consistente nunha pequena clase e torneo lóstrego. Martes ás 19,00 (www.palaestra.eu). É unha actividade fundamentalmente lúdica cun pequeno temario de finais.

Por outra banda Xadrez das Mariñas anuncia que o mesmo día (os martes) terá actividades en Vila Concepción (Cambre). Será "Ajedrez y Memoria" ás 17,45 e "Curso de Ajedrez" ás 18,50. (www.xadrezdasmariñas.org). Esta actividade empezará en outubro, pasado o festivo do día 12.

Ningún comentario: