16 de outubro de 2024

Próximas actividades

Como sabedes este venres inicia o Torneo de lentas do Campus de Riazor.
Un torneo de lentas no que podes participar de balde se es socio de AGAX.


www.xadrezuniversitario.org

Aproveitamos para facer un adianto doutras actividades destes vindeiros días, xa que hoxe houbo algunhas variacións.

De aqui a fin de ano imos ter moitas actividades, así que queda atento ás nosas redes sociais.

ALGUNHAS COUSAS PREVISTAS:


Outubro:
Venres 18:
Inicio do XXXV Torneo Universitario. 1ª Rolda.

Sábado 19:
Torneo ERLAC

Venres 25:
XXXV Torneo Universitario. 2ª Rolda.

Mércores 30
Torneo Lóstrego de Outono. 20,00.

Xoves 31:
No Centro Comercial Los Rosales. (Coincide coa festa no centro).
Liga de Outono de Xadrez. 20,00

Novembro:
Venres 1:
Copa AGAX e Torneo Tódolos Santos
No Spoting Club Casino: Tarde dende 16,00.

Sábado 2:
Torneo de Outono, dentro do circuito Promoción.
Torneo XXVIII Aniversario C. C.Rosales.
Campionato do Mundo de Pasapezas.

Domingo 3:
Copa AGAX Online

Luns 4:
Torneo FischerRandom

Venres 8:
XXXV Torneo Universitario. 3ª Rolda.

Sábado 9:
Torneo en Vila Concepción.

Venres 15:
XXXV Torneo Universitario. 4ª Rolda.

Venres 22:
XXXV Torneo Universitario. 5ª Rolda.

Sábado 30:
Torneo por Colexios do Club Ludo - Colexio Santo Domingo-FESD

Decembro:
Domingo 1:
Torneo de Culleredo.

Sábado 7:
Torneo en Vila Concepción.

Sábado 14:
Torneo de Nadal de Los Rosales
(Quedou desconvocado o torneo de Cambre)

Domingo 22:
LXXVI Torneo de Navidad.

Xoves 26:
Torneo de Damas

Venres 27:
Torneo Rápidas de Nadal

E para os interesados nas clases:

Palaestra empezou os seus Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales, unha actividade de balde consistente nunha pequena clase e torneo lóstrego. Martes ás 19,00 (www.palaestra.eu). É unha actividade fundamentalmente lúdica cun pequeno temario de finais.

Por outra banda Xadrez das Mariñas anuncia que o mesmo día (os martes) terá actividades en Vila Concepción (Cambre). Será "Ajedrez y Memoria" ás 17,45 e "Curso de Ajedrez" ás 18,50. (www.xadrezdasmariñas.org). Esta actividade empezará en outubro, pasado o festivo do día 12.

Ningún comentario: