Estes dous últimos días pasados tivemos actividades en colexios e concellos pechando as clases e agora temos 18 días por diante para facer actividades.
Estas son as relativas a esta primeira fin de semana e o luns (para que vaiades pensando):
SÁBADO 21
Liga AGAX Sub12 Online
Aberta a todos os nados en 2012 ou seguintes. Xa sabedes que non está tendo moito éxito pero é unha boa excusa para xogar un pouco.
Ligazón; Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #f8fDN0Ss • lichess.org
DOMINGO 22
LXXVI TORNEO DE NADAL DE XADREZ
O Torneo mais antigo de Galicia (posiblemente tamén de España quitando o campionato de España da Federación)
Unha proba na que participar con mestres de xadrez nun entorno novo; o Centro Comercial Espacio Coruña.
As bases na web dos organizadores; Xadrez das Mariñas (que hai anos absorberon a Sécción de Xadrez de Aertesanos que creou e organizou a proba).
Ligazón e info: https://www.xn--xadrezdasmarias-brb.org/2024/12/bases-do-lxxvi-torneo-de-nadal.html
LUNS 23
Unha xornada dedicada aos alumnos das escolas. No Centro Comercial Los Rosales.
Poden concurrir os alumnos da Escola de Palaestra (Sporting Club Casino) e da Escola Universitaria de Xadrez nos diferentes colexios e centros.
16,30: Torneo Escolar (2010 e seguintes).
Non é necesario apuntarse. E sexan moitos ou poucos os participantes teremos trofeo para os tres primeiros clasificados.
Ritmo: 5 minutos
Dende que remate o Torneo ata 19,00 teremos uns taboleiros e xogos para practicar coas damas e o catro en liña xa que o mércores 26 teremos torneos de ambos xogos.
O domingo publicaremos as bases das actividades de luns a venres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario