3 de abril de 2025

Primeira fin de semana de abril

O sábado pasado disputamos a xornada final do Torneo por colexios dos sábados. Era un torneo individual onde o dominio do Compañía de María foi absoluto, ocupando xogadores deste colexio as tres primeiras prazas.

Na fase anterior por equipos, o campión resultou o Calasanz, seguido polo Compañía de María.

Estas son algunhas actividades dos vindeiros días, ás que animamos a participar dende AGAX:

VENRES
O novo Club Coruña celebra un torneo de adestramento para os rapaces de Xogade. Será ás 19 no seu local en Espacio Coruña.
Os xogadores do CIDU e universitarios teñen a súa actividade de Venres no CUR. Abren de 19,30 a 21,30 con torneo de 20,00 a 21,00.
Mais información: www.xadrezuniversitario.org

SÁBADO
Ás 11,00 Fase intercomarcal de Xogade en Elviña. 
Ás 17,00 rolda da Liga Galega de Xadrez.
Mais información: www.fegaxa.org

DOMINGO
Ás 20,00 Torneo Online
Mais información: www.agax.net

OUTRAS ACTIVIDADES INTERESANTES.

Concurso de Relatos San Rosendo

Adianto Actividades para Primavera.
Torneo de Beltaine (en xogo): Martes de marzo e abril
Adestramentos online: Xoves de abril
Liga Galega de Xadrez: Sábados ata maio (paramos os dous seguintes por Semana Santa).
Torneo Aniversario do CIDU: 1 de maio
Día da Ciencia: 10 de maio
Torneo Día das Letras Galegas: 17 de maio
Torneo de Primavera: 7 de xuño
Torneo Domingos Merino: 21 de xuño

INTERESADOS EN CLASES:

Escola de Palaestra nos Rosales: Martes ás 18,00.
Actividade de Palaestra nos Rosales de balde: Martes ás 19,00.
Escola de XDM en Vila Concepción: Martes ás 17,45.
Escola do Casino (para socios). Venres de 17,30 a 18,30. Sábado de 12,00 a 14,00.
Clase no Campus de Riazor: Mércores de 17,30 a 19,30.

Lembra seguirnos en redes sociais. Busca @xadrecistas.

28 de marzo de 2025

Ultima fin de semana de marzo

Tras as dúas semanas centradas no Xogade (tes a clasificación completa do Sub8 de Cambre premendo AQUI), estas son algunhas actividades destes días, ás que animamos a participar dende AGAX:

VENRES
Os xogadores do CIDU e universitarios teñen a súa actividade de Venres no CUR. Abren de 19,30 a 21,30 con torneo de 20,00 a 21,00.
Mais información: www.xadrezuniversitario.org

SÁBADO
Ás 17,00 Xornada Final da Liga AGAX Sub12 no Centro Comercial Los Rosales.
Ás 17,00 segunda rolda da Liga Galega de Xadrez.
Mais información: www.fegaxa.org
Ás 18,30 Adestramento especial Xogade.

OUTRAS ACTIVIDADES INTERESANTES.

Concurso de Relatos San Rosendo

Adianto Actividades para Primavera.
Torneo de Beltaine (en xogo): Martes de marzo e abril
Adestramentos online: Xoves de abril
Liga Galega de Xadrez: Sábados ata maio.
Torneo Aniversario do CIDU: 1 de maio
Día da Ciencia: 10 de maio
Torneo Día das Letras Galegas: 17 de maio
Torneo de Primavera: 7 de xuño
Torneo Domingos Merino: 21 de xuño

INTERESADOS EN CLASES:

Escola de Palaestra nos Rosales: Martes ás 18,00.
Actividade de Palaestra nos Rosales gratis: Martes ás 19,00.
Escola de XDM en Vila Concepción: Martes ás 17,45.
Escola do Casino (para socios). Venres de 17,30 a 18,30. Sábado de 12,00 a 14,00.
Clase no Campus de Riazor: Mércores de 17,30 a 19,30.

Lembra seguirnos en redes sociais. Busca @xadrecistas.

21 de marzo de 2025

Actividades en Primavera

Pois hoxe entramos na Primavera e aquí temos a actividade desta fin de semana:

Venres 21
Xógase no CUR o último dos torneos do Circuíto de Inverno.
Xógase en Elviña a segunda e última xornada do Xogade-Coruña

Sábado 22
Liga Galega de Xadrez

Domingo 23
Xógase en Cambre a segunda e última xornada do Torneo Promoción Sub 8 das Mariñas
Xógase en Cambre a segunda e última xornada do Xogade-As Mariñas.

Adianto Actividades para Primavera.
Torneo de Beltaine (en xogo): Martes de marzo e abril
Adestramentos online: Xoves de marzo e abril
Torneo Colexial: 29 de marzo
Liga Galega de Xadrez: Sábados ata maio.
Torneo Aniversario do CIDU: 1 de maio
Día da Ciencia: 10 de maio
Torneo Día das Letras Galegas: 17 de maio
Torneo de Primavera: 7 de xuño
Torneo Domingos Merino: 21 de xuño


10 de marzo de 2025

Últimas horas para Xogade

Temos que definir xa os equipos para o Deporte Escolar - Xogade -.

Poden participar todos os rapaces nados en 2011 ou seguintes.

Temos dúas opcións;

Opción A. Xogar na Coruña os venres ás 18,00 no Pavillón de Elviña (días 14 e 21 de marzo).

Opción B. Xogar en Cambre os domingos ás 10.00 no Pavillón Sofía Toro (días 21 e 23).

Como sabedes é unha competición que recomendamos a todos os rapaces, que disputarán a proba por categorías de idade.

Anotate premendo AQUI.

4 de marzo de 2025

Concurso de relatos

INCUDE e AGAX veñen de convocar un concurso de relatos.

BASES DO CONCURSO DE RELATOS BREVES

"San Rosendo e o Xadrez"

1. Obxecto do Concurso
O presente concurso ten como finalidade fomentar a creatividade literaria e a divulgación da figura de San Rosendo, importante persoeiro da Galicia Medieval e con unha tradición que o vencella co xadrez.

2. Participantes
Poderá participar calquera persoa e cada participante poderá presentar un único relato.

3. Temática
Os relatos deberán estar inspirados na figura de San Rosendo e valorarase que aparezca a súa relación co xadrez.

4. Requisitos dos Relatos
A extensión dos textos deberá situarse entre 500 e 1.500 palabras.
Os relatos deberán estar escritos en galego.
O texto debe ser inédito e non estar publicado previamente en ningún formato nin estar pendente de resolución noutro concurso.

5. Presentación e Prazo
Os relatos deberán ser enviados en formato PDF ou Word ao correo electrónico incude@udc.gal antes do 1 de setembro de 2025. O asunto do correo debe ser "Concurso Relatos San Rosendo" e deberá incluírse ademais do relato un documento anexo cos datos persoais do autor baixo o título "datos".

6. Xurado e Criterios de Valoración
O xurado será determinado pola directiva da entidade.
Avaliaranse os seguintes aspectos:
Creatividade e orixinalidade.
Adecuación á temática proposta.
Calidade literaria e corrección lingüística.
Capacidade para evocar o mundo de San Rosendo e o xadrez.

7. Premios
O gañador deste concurso recibirá como premio un Trofeo e unha noite en habitación doble en Celanova, para coñecer mellor a localidade, berce do Santo.
Os autores dos textos que á xuizo do xurado merezan ser publicados na memoria anual de AGAX recibirán tamén un pequeno detalle da organización.
Permanecede atentos a este espazo para coñcer melloras neste apartado.

8. Resolución e Publicación
O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer no mes de setembro a través dos medios oficiais da organización. Tanto o primeiro premio como os que considere de especial calidade o xurado serán publicados físicamente no boletín da Asociación Galega de Xadrecistas e en internet nos espazos web de INCUDE e AGAX.

9. Aceptación das Bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas as bases. Calquera situación non prevista nestas bases será resolta pola organización.

28 de febreiro de 2025

Días de entroido

Actividades para estes días, con torneos e adestramentos especiais, pensados para a Liga e Xogade.

Venres 28
20,00: Circuito de Inverno no CUR para universitarios e xogadores do CIDU
Info en: www.xadrezuniversitario.org

Sábado 1
16,00 a 20,00: Adestramento no Centro Comercial Los Rosales.
Para preparar os torneos de Xogade de marzo e para os xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas.
Serán 4 horas nas que se darán unhas pequenas ideas en aperturas, medio xogo, finais e outros consellos para a participación nestas probas.
Info en: www.palaestra.eu

Domingo 2
20,00: Torneo Online San Rosendo
Info en www.agax.net

Luns 3
16,00: Torneo de Entroido coincidente coa festa de entroido no Centro Comercial Los Rosales
Info en www.palaestra.eu

Xogade.
Por outra banda temos os torneos de Xogade en marzo e precisamos que a xente se inscriba canto antes.
Info en: https://www.xogandocoxadrez.eu/2025/02/xogade-e-mais.html

25 de febreiro de 2025

Entroido e Xogade

Informamos das actividades para os próximos días. Lembrade que pola celebración dos Campionatos Galegos non haberá Liga Galega de Xadrez o Sábado de Entroido.

Martes 25
19,00: Nos martes de Xadrez os de Palaestra teñen a última rolda do Torneo Imbolc de Lentas.
Info en: www.palaestra.eu

Mércores 26
17,30 e 18,30: Clases de Xadrez no CUR con Brais.
Info en: www.xadrezuniversitario.org

Xoves 27
18,00: Pendente de facer unha actividade extra nos adestramentos online con Marcos.
Info en: www.agax.net

Venres 28
20,00: Circuito de Inverno no CUR para universitarios e xogadores do CIDU
Info en: www.xadrezuniversitario.org

Sábado 1
16,00 a 20,00: Adestramento no Centro Comercial Los Rosales.
Para preparar os torneos de Xogade de marzo e para os xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas.
Serán 4 horas nas que se darán unhas pequenas ideas en aperturas, medio xogo, finais e outros consellos para a participación nestas probas.
Info en: www.palaestra.eu

Domingo 2
20,00: Torneo Online San Rosendo
Info en www.agax.net

Luns 3
16,00: Torneo de Entroido coincidente coa festa de entroido no Centro Comercial Los Rosales
Info en www.palaestra.eu

Martes 4
Convocatoria Concurso Relatos Xadrez. Informaremos neste espazo ese día.

Mércores 5
17,00 a 20,00: Sábado de adestramento no Centro Comercial Los Rosales.
Para preparar os torneos de Xogade de marzo e para os xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas.
Serán 3 horas nas que se farán explicacións diversas.
Info en: www.palaestra.eu

Xogade.
Por outra banda temos os torneos de Xogade en marzo e precisamos que a xente se inscriba canto antes.
Info en: https://www.xogandocoxadrez.eu/2025/02/xogade-e-mais.html

19 de febreiro de 2025

Xogade e mais

Temos xa a confirmación de datas para o Deporte Escolar - Xogade -.

Poden participar todos os rapaces nados en 2011 ou seguintes.

Xogarase na Coruña os venres ás 18,00 no Pavillón de Elviña (días 14 e 21 de marzo) e en Cambre os domingos ás 10.00 no Pavillón Sofía Toro (días 21 e 23).

Como sabedes é unha competición que recomendamos a todos os rapaces.

Anotate premendo AQUI.

Lembra que este xoves seguimos cos adestramentos online gratuítos.

14 de febreiro de 2025

Terceira fin de semana de febreiro

VENRES 14

Os xogadores do CIDU e universitarios teñen a actividade Circuíto de Inverno no Centro Universitario de Riazor. Abren de 19,30 a 21,30 con torneo de 20,00 a 21,00.

SÁBADO 15
Ás 17,00 Liga AGAX Sub12 no Centro Comercial Los Rosales.
Ás 17,00 segunda rolda da Liga Galega de Xadrez.

ADIANTO DAS ACTIVIDADES DA PRÓXIMA SEMANA

Martes:
Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.
De 19,00 a 20,30. Torneo de Imbolc de adestramento para a Liga.

Xoves:
18,00: Clases Online gratis con Marcos Martínez.

Venres:
Para universitarios e xogadores do CIDU. Circuito de Inverno no CUR

Sábado:

Liga Galega de Xadrez. Cuarta rolda.

INTERESADOS EN CLASES:

Escola de Palaestra nos Rosales: Martes ás 18,00.
Actividade de Palaestra nos Rosales gratis: Martes ás 19,00.
Escola de XDM en Vila Concepción: Martes ás 17,45.
Escola do Casino (para socios). Venres de 17,30 a 18,30. Sábado de 12,00 a 14,00.
Clase no Campus de Riazor: Mércores de 17,30 a 19,30.

Lembra seguirnos en redes sociais. Busca @xadrecistas.

7 de febreiro de 2025

Segunda Fin de semana de febreiro

VENRES 7

Os xogadores do CIDU e universitarios teñen a actividade Circuíto de Inverno no Centro Universitario de Riazor. Abren de 19,30 a 21,30 con torneo de 20,00 a 21,00.

SÁBADO 8
Ás 17,00 segunda rolda da Liga Galega de Xadrez.

ADIANTO DAS ACTIVIDADES DA PRÓXIMA SEMANA

Martes:
Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.
De 19,00 a 20,30. Torneo de Imbolc de adestramento para a Liga.

Xoves:
18,00: Clases Online gratis con Marcos Martínez.

Venres:
Para universitarios e xogadores do CIDU. Circuito de Inverno no CUR

Sábado:
Liga AGAX Sub 12. Segunda sesión.
Liga Galega de Xadrez. Terceira rolda.

INTERESADOS EN CLASES:

Escola de Palaestra nos Rosales: Martes ás 18,00.
Actividade de Palaestra nos Rosales gratis: Martes ás 19,00.
Escola de XDM en Vila Concepción: Martes ás 17,45.
Escola do Casino (para socios). Venres de 17,30 a 18,30. Sábado de 12,00 a 14,00.
Clase no Campus de Riazor: Mércores de 17,30 a 19,30.

Lembra seguirnos en redes sociais. Busca @xadrecistas.

1 de febreiro de 2025

Fin de semana

Sábado. Inicia a Liga.

Ás 17,00 inicia a Liga AGAX Sub12 en Los Rosales.

Á mesma hora empeza a Liga Galega da Federación Galega de Xadrez.

Domingo: Torneo Online polo Día da Candeloria.

Un día que cristianiza as Lupercais romanas e o Imbolc celta. E coñecida tamén por unha curiosa tradición... a da Marmota de Pensilvania.

Ligazón: CANDELORIA Arena #Hw0yYpHY • lichess.org


24 de xaneiro de 2025

LIGA AGAX COLEXIAL SUB12

LIGA AGAX COLEXIAL SUB12

Torneo por equipos, máximo de oito participantes.

Competición por equipos formados por alumnos do mesmo colexio na categoría Sub12 (2013 e seguintes).

Datas: Sábados ás 17,00.
1 e 15 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 5 de Abril (só na opción de 6 colexios).
Máximo duración por xornada: 3 horas. Estímase que en realidade será entre unha hora e hora e media.  

Sede: Sala de xadrez do Centro Comercial Los Rosales.

Composición equipos: Equipos integrados por catro xogadores. Cada colexio inscribirá unha orde de forza con tantos alumnos como desexe e cada sábado presentará catro xogadores.

Uniformidade: Os equipos xogarán uniformados, co uniforme colexial ou deportivo de cada centro. Antes de cada rolda os integrantes de cada equipo posarán nunha foto para as redes sociais da propia competición e de cada colexio.

Ritmo de xogo: 45 minutos finish. Obrigatorio anotar. Non haberá obriga nos últimos 15 minutos.

Sistema de xogo: Xogaranse dúas partidas cada sábado. De ser seis centros disputarase unha liga de ida e volta nos 5 sábados indicados. De ser oito equipos será unha liga simple en 4 sábados con dúas partidas cada sábado.

Puntuación: Os resultados dos encontros serán 1, ½ ou 0, sendo os puntos individuais o primeiro sistema de desempate.

Premios: Haberá trofeo para os seis colexios participantes, coa idea de que sexa entregado na dirección dos mesmos. Tamén todos os xogadores presentes na xornada final de entrega de premios recibirán medallas pola súa participación.

Outras normas:

No caso de número impar poderase aceptar un equipo de múltiples colexios. Este equipo non sumará puntos na Liga pero os seus xogadores recibirán as medallas e outros premios individuais que poidesen establecerse.

Os xogadores inscritos aceptan a publicación dos seus nomes e de fotos da actividade para publicitar a Liga ou as actividades de xadrez.

O formulario debe aparecer abaixo, pero según navegador parece dar problemas. Nese caso é accesible a través desta ligazón:


10 de xaneiro de 2025

Inicio de xaneiro

Mes previo ao inicio da Liga Galega de Xadrez.

A FEGAXA ven de publicar os grupos provicionais para a mesma na súa web (www.fegaxa.org) e durante as fins de semana de xaneiro dispútanse distintos campionatos provinciais.

VENRES 10

Os CIDU retoma as súas actividades dos venres a partir das 19,30 no Centro Universitario de Riazor para universitarios e membros do CIDU. (www.xadrezuniversitario.org)

SÁBADO 11

En Ferrol terán lugar os Campionatos Provinciais sub12 e sub16

Info Sub12: https://info64.org/campionato-provincial-a-coruna-2025-sub-12

Info Sub16: https://info64.org/campionato-provincial-a-coruna-2025-sub-16

DOMINGO 12

Na Pobra do Caramiñal terán lugar os Campionatos Provinciais sub8 e sub 10

Info Sub8: https://info64.org/provincial-sub8-a-coruna-2025

Info Sub10: https://info64.org/provincial-a-coruna-2025-sub10

4 de xaneiro de 2025

Actividades derradeiros días de Nadal

Temos por diante os derradeiros catro días deste Nadal e facémolo con distintas accións nas que agardamos contar coa vosa presenza.

SÁBADO 4
17,00 Torneo Aniversario de INCUDE
No Centro Universitario de Riazor.
Trofeos diversos segundo categorías de idade.

DOMINGO 5 
Remata o prazo para presentar a orde de forza dos equipos para a Liga Galega de Xadrez.
Para os que non asistan á Cabalgata.
Torneo de Reis dos Rosales dende as 19,00
Trofeo para os tres primeiros.

LUNS 6
Torneo de Reis.
20,00 Torneo en Lichess.
Taza con motivos de xadrez do Nadal para o vencedor.

MARTES 7
Palaestra propón un Martes de Xadrez cun adestramento previo para os sub14 que vaian xogar os escolares ou os provinciais cos equipos do Casino, CIDU e XDM.
Dende 17,00 a 19,00 o adestramento e de 19,00 a 20,30 un torneo aberto a calquera interesado cun pequeno trofeo para o vencedor.