28 de febreiro de 2025

Días de entroido

Actividades para estes días, con torneos e adestramentos especiais, pensados para a Liga e Xogade.

Venres 28
20,00: Circuito de Inverno no CUR para universitarios e xogadores do CIDU
Info en: www.xadrezuniversitario.org

Sábado 1
16,00 a 20,00: Adestramento no Centro Comercial Los Rosales.
Para preparar os torneos de Xogade de marzo e para os xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas.
Serán 4 horas nas que se darán unhas pequenas ideas en aperturas, medio xogo, finais e outros consellos para a participación nestas probas.
Info en: www.palaestra.eu

Domingo 2
20,00: Torneo Online San Rosendo
Info en www.agax.net

Luns 3
16,00: Torneo de Entroido coincidente coa festa de entroido no Centro Comercial Los Rosales
Info en www.palaestra.eu

Xogade.
Por outra banda temos os torneos de Xogade en marzo e precisamos que a xente se inscriba canto antes.
Info en: https://www.xogandocoxadrez.eu/2025/02/xogade-e-mais.html

Ningún comentario: