28 de marzo de 2025

Ultima fin de semana de marzo

Tras as dúas semanas centradas no Xogade (tes a clasificación completa do Sub8 de Cambre premendo AQUI), estas son algunhas actividades destes días, ás que animamos a participar dende AGAX:

VENRES
Os xogadores do CIDU e universitarios teñen a súa actividade de Venres no CUR. Abren de 19,30 a 21,30 con torneo de 20,00 a 21,00.
Mais información: www.xadrezuniversitario.org

SÁBADO
Ás 17,00 Xornada Final da Liga AGAX Sub12 no Centro Comercial Los Rosales.
Ás 17,00 segunda rolda da Liga Galega de Xadrez.
Mais información: www.fegaxa.org
Ás 18,30 Adestramento especial Xogade.

OUTRAS ACTIVIDADES INTERESANTES.

Concurso de Relatos San Rosendo

Adianto Actividades para Primavera.
Torneo de Beltaine (en xogo): Martes de marzo e abril
Adestramentos online: Xoves de abril
Liga Galega de Xadrez: Sábados ata maio.
Torneo Aniversario do CIDU: 1 de maio
Día da Ciencia: 10 de maio
Torneo Día das Letras Galegas: 17 de maio
Torneo de Primavera: 7 de xuño
Torneo Domingos Merino: 21 de xuño

INTERESADOS EN CLASES:

Escola de Palaestra nos Rosales: Martes ás 18,00.
Actividade de Palaestra nos Rosales gratis: Martes ás 19,00.
Escola de XDM en Vila Concepción: Martes ás 17,45.
Escola do Casino (para socios). Venres de 17,30 a 18,30. Sábado de 12,00 a 14,00.
Clase no Campus de Riazor: Mércores de 17,30 a 19,30.

Lembra seguirnos en redes sociais. Busca @xadrecistas.

21 de marzo de 2025

Actividades en Primavera

Pois hoxe entramos na Primavera e aquí temos a actividade desta fin de semana:

Venres 21
Xógase no CUR o último dos torneos do Circuíto de Inverno.
Xógase en Elviña a segunda e última xornada do Xogade-Coruña

Sábado 22
Liga Galega de Xadrez

Domingo 23
Xógase en Cambre a segunda e última xornada do Torneo Promoción Sub 8 das Mariñas
Xógase en Cambre a segunda e última xornada do Xogade-As Mariñas.

Adianto Actividades para Primavera.
Torneo de Beltaine (en xogo): Martes de marzo e abril
Adestramentos online: Xoves de marzo e abril
Torneo Colexial: 29 de marzo
Liga Galega de Xadrez: Sábados ata maio.
Torneo Aniversario do CIDU: 1 de maio
Día da Ciencia: 10 de maio
Torneo Día das Letras Galegas: 17 de maio
Torneo de Primavera: 7 de xuño
Torneo Domingos Merino: 21 de xuño


10 de marzo de 2025

Últimas horas para Xogade

Temos que definir xa os equipos para o Deporte Escolar - Xogade -.

Poden participar todos os rapaces nados en 2011 ou seguintes.

Temos dúas opcións;

Opción A. Xogar na Coruña os venres ás 18,00 no Pavillón de Elviña (días 14 e 21 de marzo).

Opción B. Xogar en Cambre os domingos ás 10.00 no Pavillón Sofía Toro (días 21 e 23).

Como sabedes é unha competición que recomendamos a todos os rapaces, que disputarán a proba por categorías de idade.

Anotate premendo AQUI.

4 de marzo de 2025

Concurso de relatos

INCUDE e AGAX veñen de convocar un concurso de relatos.

BASES DO CONCURSO DE RELATOS BREVES

"San Rosendo e o Xadrez"

1. Obxecto do Concurso
O presente concurso ten como finalidade fomentar a creatividade literaria e a divulgación da figura de San Rosendo, importante persoeiro da Galicia Medieval e con unha tradición que o vencella co xadrez.

2. Participantes
Poderá participar calquera persoa e cada participante poderá presentar un único relato.

3. Temática
Os relatos deberán estar inspirados na figura de San Rosendo e valorarase que aparezca a súa relación co xadrez.

4. Requisitos dos Relatos
A extensión dos textos deberá situarse entre 500 e 1.500 palabras.
Os relatos deberán estar escritos en galego.
O texto debe ser inédito e non estar publicado previamente en ningún formato nin estar pendente de resolución noutro concurso.

5. Presentación e Prazo
Os relatos deberán ser enviados en formato PDF ou Word ao correo electrónico incude@udc.gal antes do 1 de setembro de 2025. O asunto do correo debe ser "Concurso Relatos San Rosendo" e deberá incluírse ademais do relato un documento anexo cos datos persoais do autor baixo o título "datos".

6. Xurado e Criterios de Valoración
O xurado será determinado pola directiva da entidade.
Avaliaranse os seguintes aspectos:
Creatividade e orixinalidade.
Adecuación á temática proposta.
Calidade literaria e corrección lingüística.
Capacidade para evocar o mundo de San Rosendo e o xadrez.

7. Premios
O gañador deste concurso recibirá como premio un Trofeo e unha noite en habitación doble en Celanova, para coñecer mellor a localidade, berce do Santo.
Os autores dos textos que á xuizo do xurado merezan ser publicados na memoria anual de AGAX recibirán tamén un pequeno detalle da organización.
Permanecede atentos a este espazo para coñcer melloras neste apartado.

8. Resolución e Publicación
O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer no mes de setembro a través dos medios oficiais da organización. Tanto o primeiro premio como os que considere de especial calidade o xurado serán publicados físicamente no boletín da Asociación Galega de Xadrecistas e en internet nos espazos web de INCUDE e AGAX.

9. Aceptación das Bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas as bases. Calquera situación non prevista nestas bases será resolta pola organización.